|
Cada vez temos máis e máis traballo. Agora levamos tamén ós gatos da protectora de vigo. Por iso necesitamos moitos máis voluntarios/as para: > Recoller gatos que están malferidos ou para a súa esterilización, levalos a veterinarios... > Axudar a limpar o refuxo e cuidar ós gatos que se atopan alí. > Ser casa de acollida de algún gatiño mentres non se da en adopción. > Colaborar nas nosas campañas de adopción ou esterilización, repartindo folletos informativos, carteis, etc. > Para cualquer cousa que se che ocorra e poida ser de utilidade, danos ideas! Tamén necesitamos socios/as e/ou axuda económica. As esterilizacións, tratamentos, comida, area... van sumando. O noso nº de conta onde podes facer un ingreso é: Caixanova 2080 0128 19 0040005191 Se queeres ser socio, envíanos un email e mandarémosche o formulario para que o cubras cos teus datos. Ponte en contacto connosco mediante o noso correo electrónico:
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
Ou chama ós teléfonos 648508108, 658366580 ou 670594658. Seguro que hai algo que podes facer! Grazas.   Subvencionado pola presidencia da Xunta de Galicia. Secretaría Xeral de Política Lingüística.
|